viernes, 28 de enero de 2011
30 DE XANEIRO, DIA DA PAZ
Co gallo do Día da Paz, fixemos un mural na clase entre todos que nos deu bastante traballo pero mereceu a pena porque quedou moi ben
FESTIVAL DE NADAL
O día 22 de decembro celebramos no Teatro Pastor Díaz de Viveiro o Festival de Nadal no que participamos todos os nenos/as co cole.
Nós, os do 1º curso, ataviados con traxes de pastores/as cantamos a panxoliña "Marchemos alegres", porque así era como sentiamos todos aquel día, víspera das vacacións de Nadal.
Aquí poñemos algunhas fotos da nosa actuación

jueves, 25 de noviembre de 2010
ANIVERSARIO DE LAURA
Hoxe foi o cumpleanos de Laura, agora xa todos os nenos/as da clase teñen 6 anos.
Convidounos cunha bica riquísima que repartiu entre os compañeiros/as, a maioría quixeron repetir.
Todos/as a felicitamos con todo o cariño.
Convidounos cunha bica riquísima que repartiu entre os compañeiros/as, a maioría quixeron repetir.
Todos/as a felicitamos con todo o cariño.
miércoles, 17 de noviembre de 2010
DIA DO MAGOSTO
O día 11 de novembro, coincidindo co San Martiño, celebramos no Colexio o MAGOSTO. Comimos moitas castañas porque estaban boísimas.
CESTOS PARA O MAGOSTO
Fixemos uns cestos para encher de castañas o dia do MAGOSTO. Collimos uns cartóns de leite, cortámolos, pintámolos con pincel, decorámolos e plastificámolos. Mirade que ben quedaron!
RECOLLEMOS CASTAÑAS
O pasado mércores 3 de novembro fumos a recoller catañas para o magosto os nenos/as do 1º ciclo. Trouxemos bastantes aínda que eran máis pequenas ca outros anos. Foi unha tarde moi agradable. Aquí van algunhas fotos dese día.
miércoles, 27 de octubre de 2010
EXPOSICIÓN DE CABAZAS
Estes días os nen@s están traendo ao cole cabazas para a exposición que estamos a facer ne entrada de abaixo. Tamén fixemos unha pequeniña entre todos que recollimos no horto escolar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)