jueves, 25 de noviembre de 2010

ANIVERSARIO DE LAURA

Hoxe foi o cumpleanos de Laura, agora xa todos os nenos/as da clase teñen 6 anos.
Convidounos cunha bica riquísima que repartiu entre os compañeiros/as, a maioría quixeron repetir.
Todos/as  a felicitamos con todo o cariño.

miércoles, 17 de noviembre de 2010

DIA DO MAGOSTO

O día 11 de novembro, coincidindo co San Martiño, celebramos no Colexio o MAGOSTO. Comimos moitas castañas porque estaban boísimas.

CESTOS PARA O MAGOSTO

Fixemos uns cestos para encher de castañas o dia do MAGOSTO. Collimos uns cartóns de leite, cortámolos, pintámolos con pincel, decorámolos e plastificámolos. Mirade que ben quedaron!

RECOLLEMOS CASTAÑAS


O pasado mércores 3 de novembro fumos a recoller catañas para o magosto os nenos/as  do 1º ciclo. Trouxemos bastantes aínda que eran máis pequenas ca outros anos. Foi unha tarde moi agradable. Aquí van algunhas fotos dese día. 

miércoles, 27 de octubre de 2010

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Estes días os nen@s están traendo ao cole cabazas para a exposición que estamos a facer ne entrada de abaixo. Tamén fixemos unha pequeniña entre todos que recollimos no horto escolar.


viernes, 22 de octubre de 2010

ANIVERSARIO DE MARCOS

Hoxe 22 de outubro Marcos cumpliu 6 anos.
Tróuxonos un biscoito de chocolate que fixo onte pola tarde coa súa nai. Estaba riquísimo.

PARABÉNS MARCOS

lunes, 18 de octubre de 2010

CUMPLEANOS DE SARA

O día 14 de outubro foi o cumple de Sara. Xa ten 6 anos. Os compañeiros/as agasallámola cun debuxo.
Felicidades Sara

FACEMOS UNHA ÁRBORRE DE OUTONO

Na clase de plástica estamos a facer unha árbore de outono para decorar a nosa aula.
Foi moi divertido porque a todos nos encanta pintar con pincel

jueves, 23 de septiembre de 2010

XA ESTAMOS EN PRIMEIRO


Os nen@s que estabamos o curso pasado en Infantil de 5 anos xa estamos en 1º, ademáis temos 4 compañeir@s novos que veñen do Centro San Roque de Viveiro.
Agora xa estamos no piso de arriba cos maiores e tamén xogamos na pista cuberta e o patio de abaixo.
Aquí poñemos unha foto do primeiro día de clase.

domingo, 6 de junio de 2010

MACEDONIA DE FRUTAS












Fixemos o mantel e as servilletas decoradas con froitas.
E logo a comer...



RECUNCHO BIBLIOTECA ED. INFANTIL


Neste mes de Maio inaguramos un novo punto de lectura para os nenos e nenas de Educación Infantil.


domingo, 16 de mayo de 2010

EXCURSIÓN A MARCELLE







O 10 de maio, fomos de excursión ao Parque Zoolóxico de MARCELLE NATUREZA. Vimos moitos animais:renos, lobos, bisontes, llamas, dromedarios, cebras, canguros...
Pasámolo moi ben aínda que o tempo non axudou moito.



sábado, 1 de mayo de 2010

CINCO AO DÍA



Estamos a ver o importante dunha alimentación saudable. Debemos consumir froitas e verduras.

DÍA DO LIBRO


O venres 23 de abril, celebramos o día do libro. Fixemos uns marcapáxinas do Quixote.

miércoles, 28 de abril de 2010

PLANTAS AROMÁTICAS!




No noso cole temos un xardín de plantas aromáticas, fomos velas, recollimos algunhas mostras e percibimos o seu cheiro.







Menta e lavanda.









Romeu e mancela.




OLA PRIMAVERA!






Coa chegada da primavera, saímos ao patio do colexio, darlle a benvida. Temos un xardín de flores moi bonito.



Na aula facemos un mural con flores, bolboretas, paxaros...

Tamén plantamos sementes.

Cumple de Samuel




Neste mes de Abril estivo de cumpreanos Samuel e compartiu con nós, unha rica torta de chocolate.