jueves, 25 de noviembre de 2010

ANIVERSARIO DE LAURA

Hoxe foi o cumpleanos de Laura, agora xa todos os nenos/as da clase teñen 6 anos.
Convidounos cunha bica riquísima que repartiu entre os compañeiros/as, a maioría quixeron repetir.
Todos/as  a felicitamos con todo o cariño.

miércoles, 17 de noviembre de 2010

DIA DO MAGOSTO

O día 11 de novembro, coincidindo co San Martiño, celebramos no Colexio o MAGOSTO. Comimos moitas castañas porque estaban boísimas.

CESTOS PARA O MAGOSTO

Fixemos uns cestos para encher de castañas o dia do MAGOSTO. Collimos uns cartóns de leite, cortámolos, pintámolos con pincel, decorámolos e plastificámolos. Mirade que ben quedaron!

RECOLLEMOS CASTAÑAS


O pasado mércores 3 de novembro fumos a recoller catañas para o magosto os nenos/as  do 1º ciclo. Trouxemos bastantes aínda que eran máis pequenas ca outros anos. Foi unha tarde moi agradable. Aquí van algunhas fotos dese día.