sábado, 20 de febrero de 2010

Paseamos cos nosos disfraces


O venres día 12 de febreiro saímos a pasear cos nosos disfraces por Viveiro. Aínda que ía un pouco de frío, disfrutamos moito do desfile xa que nos viron os nosos pais e nais, os avós e avoas e moita outra xente.

jueves, 11 de febrero de 2010

Xa está todo preparado...


Receitas do Entroido












Hoxe fixemos rosquillas na cociña do colexio. O mellor de todo foi degustalas ao final! Estaban boísimas!



miércoles, 10 de febrero de 2010

Chega o Entroido...







Acércase o Entroido, e todos os nenos e nenas decoramos a nosa clase con serpentinas e pintamos moitas caroutas. O Entroido é unha festa que nos encanta a todos, disfrutamos moito e preparamos con moita ilusión os disfraces para o venres, o día do gran desfile.



domingo, 7 de febrero de 2010

Vamos ao teatro


O venres fomos ao teatro a Viveiro. Vimos "Rosalía, a pulga que escribía". Pasámolo moi ben, e ademais coincidimos con outros nenos e nenas de Viveiro, Covas, Celeiro e Vieiro.