miércoles, 1 de junio de 2011

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Este ano fumos a Mesía a visitar a "Aula da Natureza" e a " Casa grande de Xanceda". Na primeira vimos unha lagoa que tiña moitas rás, patos reais, anduriñas, libélulas e outros animais; despois visitamos o museo do barro e fixemos figuriñas con el.
Na segunda visita vimos unha granxa onde se fan iogures e queixos ecolóxicos, dimos de mamar aos becerriños, de comer as cabras, ovellas e ponis e saltamos no parque de pacas.
Comimos nun restaurante.
Foi moi divertido

No hay comentarios:

Publicar un comentario